Wes Anderson e un novo concepto creativo

 

 

Wes Anderson é un director que se caracteriza pola súa obsesión coa  simetría e a cor. As súas películas presentan planos e movementos de cámara con ángulos exactos e simétricos. Todo está tan coidado que marea. A gama cromática predominante baséase en cores vivas e brillantes, ademais de presentar paletas de cores complementarias ou  triadas. 



O vestiario de cada personaxe reflicte perfectamente a súa natureza, as súas emocións e personalidade. Son comúns as pezas de corte elegante e clásico pero de cores moi brillantes ou tons pastel. As texturas que se presentan nas súas películas son variadas.

Wes Anderson colaborou con grandes firmas en diferentes proxectos por exemplo no seu  fashion filme “Come  Togheter” para  H& M ou “Hotel  Chevalier” para Prada. Con todo, tamén as súas películas foron inspiración para a pasarela e novas coleccións.


Comentarios